Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Comunicaciones
Separador
Estructura de los medios
Separador
Pereira Fariña, Xosé;-Toural Bran, Carlos; López García, Xosé
 
Modelos de construcción de las señas de identidad de los cibermedios gallegos
Separador
Os cibermedios galegos, que nos primeiros anos do 2000 impulsaron cambios no marco da súa estratexia na rede, dedicaron os primeiros cinco anos do terceiro milenio a definir as señas de identidade dun modelo que ten como principal centro de inspiración os diarios en papel e distintas iniciativas de comunicación xurdidas na rede. Os pasos dados dirixíronse á configuración dun modelo dominante, moi similar ao dos principais diarios de referencia (www.nyt.com, www.lemonde.fr, www.guardian.co.uk ou www.elpais.com) e apenas xurdiron variantes alternativas capaces de aproveitar fortalezas do ciberespacio. Neste momento existe unha gran similitude entre boa parte dos modelos informativos dos cibermedios “de referencia” na rede e as tecnoloxías que empregan, tanto como soporte tecnolóxico das plataformas como na construción das mensaxes.

A investigación, que analiza os resultados de varios traballos realizados en Europa –Holanda, Inglaterra, España, Italia, Portugal, Cataluña e Galicia- e EEUU nos últimos anos, realízase a partir dun marco teórico marcado pola evolución constante dos modelos de funcionamento e as matizacións nas identidades dos medios dixitais que discorren paralelas aos cambios experimentados pola sociedade da información a diario da man das novas tecnoloxías da comunicación.

O estudo empírico establece os seus cimentos nunha análise comparativa das características definitorias dos medios dixitais galegos que, dun modo diáfano, trazan as liñas mestras da figura evolutiva da prensa dixital galega nos últimos anos. A aplicación do método analítico comparativo derívase da necesidade de establecer patróns de funcionamento identificativos entre os cibermedios galegos para fixar, dun modo estandarizado, os modelos identitarios existentes no ámbito da prensa dixital no territorio.

A metodoloxía da investigación xira en torno a dúas técnicas: a análise de contido e os grupos de discusión. Coa análises de contido preténdese coñecer a realidade dos cibermedios galegos e facer patentes modelos ou liñas mestras da súa identidade sobre as que poidan versar as conversacións dos expertos nas sesións dos grupos de discusión.

Trázanse estas señas de identidade mediante un seguimento dos cibermedios galegos no período 2004-2007, con análises textual e formal do produto e avaliación dos modelos por parte de grupos de discusión. Na comunicación ofrécense os datos de hipertextualidade, multimedialidade e interactividade dos cibermedios galegos e compárase coa que ofrecen os cibermedios de referencia. Tamén se ofrecen datos da infraestrutura tecnolóxica das plataformas, das ferramentas empregadas polos ciberperiodistas e as tecnoloxías empregadas en todo o proceso de produción e difusión da información. Desta forma, achégase un estudo comparado que permite analizar a evolución dos cibermedios nos últimos dous anos, algunhas tendencias e as diferenzas entre medios locais –caso de Galicia- e os cibermedios de referencia con proxectos informativos transnacionais.
Separador
Enllaç Descargar comunicación completa
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar la Comunicación | Actas y memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador