Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
I+C Investigar a Comunicación foi o tema central do Congreso Internacional Fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC), que reuniu en Santiago de Compostela a medio millar de investigadoras e investigadores.
Separador
Destacados persoeiros do ámbito académico e científico e 365 participantes procedentes de 25 países fundamentalmente do eido europeo e americano, déronse cita na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Este evento puxo de manifesto a existencia dunha puxante masa crítica neste campo científico de estudo, xa que se recibiron 510 propostas de contribución, das que foron seleccionadas 277 para presentar durante os tres días de duración deste foro de debate e reflexión.

Asemade, o encontro serviu para facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores/as provintes de máis de sesenta universidades distintas, das cales 18 eran estranxeiras.

Trala celebración do congreso fundacional, o venres 1 de febreiro convocouse a Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación Española de Investigación de la Comunicación da que saiu elexida a nova Xunta directiva, formada por Miquel de Moragas (presidente), Margarita Ledo (vicepresidenta 1ª), Enrique Bustamante (vicepresidente 2º), Francisco Sierra, (vocal 1º), Pilar Diezhandino (vocal 2ª), Petxo Idoyaga (tesoureiro) e Mònika Jiménez (secretaria).
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador