Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Comunicaciones
Separador
Estudios sobre el discurso
Mesa 4.2. Estudios sobre el discurso 2: Lenguaje audiovisual
Separador
Aguilar, Gemma-
 
Fontes da fragmentación e hipertextualidade narrativas na web
Separador
Partimos da inquietude de determinar parámetros conceptuais da narrativa na web, fundamentalmente caracterizada pola fragmentación e a hipertextualidade, considerando, en xeral, a hipertextualidade herdeira da intertextualidade narrativa tendo neste aspecto como referencia o traballo de Antonio Rodríguez de las Heras e como ilustración dous exemplos en paralelo de narrativa literaria e hipermedia: Funes el memorioso (Jorge Luis Borges) e A Space of Time (Diego Bonilla) que coinciden na escolla dunha disfunción na memoria dos seus narradores para xustifica-la ruptura da estructura lineal narrativa. Seguindo a revisión da estructura narrativa ós ollos de Roland Barthes a Jacques Derrida e pasando por Foucault (George P. Landow, Mela Dávila, Juan Freire, Claudia Giannetti) chegamos á obra da contemporánea Chantal Maillard, dificilmente definible, entre o poético e o filosófico.

Teremos presentes as narrativas doutros medios de expresión como o cinematográfico, á hora de conformar un discurso multimedial. Tanto por comparti-lo material de partida como por ter plantexamentos conceptuais comúns de cara á conformación do discurso narrativo. En Inland Empire, de David Lynch, evidénciase a fragmentación no fluir do discurso, descompóndose así mesmo o xénero cinematográfico mediante o cuestionamento dos recursos do cinema de terror e intriga, do musical e o romántico. Copy-paste de imaxes, xustaposición azarosa. O carácter esquizofrénico da obra de David Lynch, aparece directamente vinculado con outros traballos (audiovisuais ou non) que se cuestionan a mirada superficial sobre a maraña de imaxes que conforman o noso imaxinario. Mentres Takeshi Kitano en Takeshi's ofrece unha "vomitona visual" ó máis puro estilo de David Lynch, Gus van Sant con Last Days traza un percorrido poético tecendo máis fino cuns diexéticos e ó mesmo tempo simultáneos puntos de vista que converxen en tres puntos de sutura que funcionan a modo de bisagra (poderiamos dicir hipertextual). No caso de Tony Oursler, explicítase na base conceptual sobre a que asenta o seu traballo.

Por outra banda, interésanno-los percorridos semántico-etimolóxicos que se plantexa Michel Serres no seu Atlas; verificando unha asociación á literatura de xeito metafórico a través dos breadcrumbs (migas de pan, compoñentes da web semántica que trazan vieiros polas estructuras de navegación dos sites) que nos conducen ás narrativas populares vía Hansel e Gretel.

Outra imaxe do traxecto que debuxa as bases teóricas da web é a de herba que en Rizoma (Gilles Deleuze-Félix Guattari) representa o baleiro coma lugar de conexión entre espacios de producción determinados. De xeito parello, as personaxes do filme Hierro 3 (Kim Ki-Duk) habitan casas baleiras aproveitando ausencias temporais dos seus propietarios e practicando así un nomadismo, reflexo directo do concepto de Vida líquida acuñado por Zygmunt Bauman para describi-la cambiante sociedade contemporánea. Ó mesmo tempo, este morar entrecortado nos intersticios da vida dos outros, habitar precario, non deixa de reflexa-la fragmentación na experiencia da modernidade: a proposta de Kim Ki-Duk coma alegoría da nosa ubicación na Rede a través dos recursos da web 2.0, habitando os ocos que posibilitan a nosa participación na súa construcción coma usuarios activos en redes coma a blogosfera.
Separador
Enllaç Descargar comunicación completa
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar la Comunicación | Actas y memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador