| |
|
|
Comunicaciones |
|
Estructura de los medios |
|
|
 |
| García Orosa, Berta - |
| |
A conformación da imaxe institucional a través do seu público. A comunicación organizacional on line.
|
 |
Unha das transformacións máis relevantes acaecidas na esfera pública na sociedade actual foi o advenimento dos gabinetes de comunicación (fontes institucionalizadas) no proceso productivo dos medios de comunicación de masas. Os departamentos de comunicación das entidades (goberno, empresas e entidades do terceiro sector) inflúen de xeito decisivo na configuración das axendas mediáticas e, por ende, na opinión pública. As organizacións conseguen, a través dos gabinetes de comunicación, a anhelada presenza no “falar dos seus públicos”. Deste xeito, os temas, os escenarios e os actores que aparecen nos medios de comunicación social están restrinxidos a un número limitado, desterrando ao silencio a outras voces da sociedade. Ata o momento actual os directores de comunicación buscaban unha relación positiva cos medios de comunicación para lanzar as súas entidades a un favorable dentro da opinión pública. Sen embargo, o panorama modificouse durante os últimos anos. Na ponencia proposta, que forma parte dunha investigación máis ampla sobre a comunicación organizacional on line, presentamos unha radiografía deses cambios dentro do sistema comunicativo.
|
 |
|
|
 |
|
|
|