Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Comunicacións
Separador
Estudos sobre o discurso
Mesa 4.3. Estudos sobre o discurso 3: Linguaxe xornalístico audiovisual
Separador
Rodríguez Vázquez, Ana Isabel;-Chillón Álvarez, Anxela; Salgueiro Santiso, Mª José
 
Análise de contido, tratamento e estética, e de linguaxe dos informativos de radio e televisión
Separador
Ao abeiro dun proxecto de investigación I+D, subvencionado polo goberno autonómico de Galicia analizáronse os contidos dos informativos de radio e de televisión no ámbito nacional e galego dende o ano 2003 ata o 2007. Foi realizado polo grupo de investigación da USC: "Estudios Audiovisuais. Comunicación Audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía"
Entre os medios analizados hai que citar no eido estatal, emisoras xeneralistas de maior audiencia:TVE1, Antena 3, Telecinco, COPE, SER e RNE1. En Galicia estudaronse os informativos centrais de: Televisión de Galicia, Radio Galega, Centro Territorial TVE-Galicia, Radio Voz e as desconexións autonómicas de: SER, COPE, ONDA CERO e RNE1.
Este análise deu como froito un corpus de 20.000 noticias. A través do baleirado de cada unha delas obtiveronse datos sobre os que se sustentaron as conclusións sobre o tratamento informativo, estético e de linguaxe da información audiovisual en España e Galicia.
Ademais do valor acumulativo dos datos extraídos, engádese a importancia dun acceso inmediato e comparativo a través dunha interfaz gráfica accesible na Rede en tempo real.
Esta base de datos elaborouse a partir dunha ficha de análise, que permitiu realizar un estudo no que se abordaban parámetros como: xerarquización e estrutura informativa, desglose temático, ámbito xeográfico (procedencia da información), natureza e diversidade das fontes (mediante valores cuantitativos e cualitativos) entre outros.
Esta aplicación online permitiu extrapolar datos para emitir diversos informes no ámbito académico. Asemade, engadir que esta ferramenta permitiu abrir unha ponte entre o marco da investigación universitaria e as administracións, os medios e as empresas de consultoría en comunicación.
Neste amplo corpus acumularonse datos sobre acontecementos relevantes na vida social e política. Desde un punto de vista comparativo estudouse o tratamento informativo de feitos como: eleccións xerais e municipais, crise dos incendios en Galicia, Catástrofes naturais como as riadas do 2006 e diversos conflitos sectoriais.
Por todo isto, considerase que o Congreso fundacional da AE-IC: " Investigar a Comunicación" é o marco idóneo para a difusión deste proxecto de investigación tan fondamente vencellado aos propósitos deste foro de debate.
Separador
Enllaç Descargar comunicación completa
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador