| |
|
|
Ponencias |
|
Investigación da comunicación e docencia nas Facultades de Comunicación |
|
 |
Barbara Mazza |
|
En Italia as Facultades e os Cursos de licenciatura en Comunicación cumpriron 15 anos. Unha realidade consolidada que, logo dun período inicial de crecemento exponencial, empezou a traballar na revisión e na actualización dos plans de estudo cunha visión de calidade e eficacia. Unha operación vencedora e perfectamente coherente co reformismo que caracterizou o sistema universitario na última década (Fontes: Decretos ministeriais n. 509/1999, 270/2004 e 544/2007).
Por esta razón, despois dun resumo descritivo do estado actual da comunicación en Italia, a relación apuntará a evidenciar a contribución dos observatorios e en particular de scienze.com (www.comferenza.it) que ten o mandato de monitorizar, de parte da Conferencia nacional das Facultades e os Cursos de licenciatura en Ciencias da Comunicación, as tendencias da demanda e da oferta de comunicación en Italia, creando puntos de conexión entre o sistema universitario e o mercado laboral.
A tal fin, entre as actividades do observatorio tamén se inclúe a análise e a valoración das actividades de investigación conducidas a nivel nacional nas áreas de aplicación da comunicación para crear unha verdadeira "rede do saber" que implique a estudosos e a profesionais, así como tamén a institucións e a empresas. |
 |
|
 |
|
|
|