| |
|
|
Ponencias |
|
I+C: Democracia e cidadanía |
|
 |
Josep Grifeu i Pinsachs |
|
O título desta intervención é: "Cidadáns do mundo ou espectadores da barbarie? Notas sobre o estatuto político das imaxes". A condición actual de espectadores forzados das "imago mundi" que os cidadáns e cidadás de calquera parte do planeta deben incorporar ao seu mundo presenta novos problemas de relevancia á investigación da comunicación política. Este relatorio pretende formular a título exploratorio algúns interrogantes acerca de como se vai transformando o estatuto das imaxes nunha ecoloxía global marcada pola xeración exponencial de icononarrativas e pola súa efémera permanencia. Estas notas serven para suxerir que os fluxos contemporáneos da representación propoñen un estatuto político para as imaxes, que tenden a asumir a tripla dimensión da disuasión, da violencia e da persuasión. |
 |
|
 |
|
|
|