| |
|
|
Ponencias |
|
I+C: A sociedade da información |
|
 |
Tapio Varis |
|
En sentido lato, o concepto de alfabetización dixital refírese a un modo de pensar, pero tamén pode entenderse como complemento do concepto de educación mediática e ata sinónimo de alfabetización mediática. A alfabetización dixital en tanto que alfabetización mediática ten como obxectivo desenvolver tanto a comprensión crítica dos medios coma a participación activa neles. A alfabetización dixital e mediática consiste en potenciar as habilidades críticas e creativas das persoas. A utilización dun computador require un coñecemento a priori múltiple e complexo. Así mesmo, leva ás persoas e á humanidade en xeral a novos contextos, o cal implica complexos e profundos cambios mentais e intelectuais. En esencia, a alfabetización dixital é un intricado proceso que consiste en adquirir unha nova técnica, habilidade artística ou manual. A creatividade e a cultura convértense en materias primas fundamentais para a economía do coñecemento.A web social é unha rede mundial de libre acceso para compartir información semellante á actual World Wide Web, salvo que no canto de unir documentos, a web social une a persoas, organizacións e conceptos. Con Web 2.0 faise referencia ao que se percibe como unha segunda xeración de servizos baseados na web, tales como os sitios de redes sociais, wikis e ferramentas de comunicación que potencian que os usuarios colaboren e compartan en liña.
A omnipresencia da información e as comunicacións é cada día máis patente. Teoricamente, no 2015 todas as persoas que vivan en países industrializados terán acceso a servizos multimedia baseados en terminais móbiles ou doutro tipo, e os países en vías de desenvolvemento seguirán esa mesma liña. Todo apunta a que os servizos baseados na recuperación de datos e as telecomunicacións ubicuas se vaian desenvolver a gran velocidade nos próximos dez anos. As palabras clave son información en tempo real, multilingüismo, location awareness, focalización e personalización. As funcións e servizos do Goberno cada vez se realizan máis a través de Internet, e o mesmo sucede coas compras. Ademais, as empresas privadas e as administracións públicas esfórzanse por desenvolver e incluír novos recursos automatizados e de autoservizo. |
 |
|
 |
|
|
|