Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Ponencias
Separador
Cooperación España-América Latina
Separador
Francisco Campos Freire
Separador
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, con máis de tres lustros de labor docente e científico, traballou desde a súa creación a prol do estreitamento das relacións de comunicación, formación e coñecemento, co obxectivo posto na integración dentro dun espazo iberoamericano de interculturalidade e diversidade, enriquecido polos nosos respectivos condominios lingüísticos e polas experiencias sociais mutuas da emigración.

Para apoiar e impulsar eses mesmos obxectivos básicos, desde o ámbito asociativo xurdiu logo a Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras (AGACOM), que integra a preto de medio centenar de membros e que amplía o espazo iberoamericano de interculturalidade tamén a todas as outras comunidades lusófonas do mundo.

O establecemento de relacións e redes docentes e científicas, a extensión e intercambio de coñecemento, plásmase a través de intercambios, congresos, investigacións, estancias, lectorados, doutoramentos, observatorios, asesoramentos e asociacións coma FELAFACS, ALAIC, INTERCOM, IBERCOM e LUSOCOM. Pero o recoñecemento, respecto e comprensión das nosas mutuas identidades non chega coa manifestación e invocación retórica. Este espazo iberoamericano de interculturalidade e diversidade enriquecerase e fortalecerase co mellor coñecemento e recoñecemento das respectivas identidades. Será, pois, un espazo iberoamericano de ciencia e coñecemento plural desde a interculturalidade.
Separador
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador