Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Ponencias
Separador
Investigación da comunicación e docencia nas Facultades de Comunicación
Separador
Jacques Guyot
Separador
As ciencias da información e da comunicación son unha interdisciplina moi nova no campo académico francés. Ao principio, a súa lexitimidade científica como parte integrante das ciencias sociais foi cuestionada porque, por unha banda abarcaba temas de investigación estudados por outras disciplinas establecidas desde hai moito tempo na universidade (socioloxía, dereito, historia, psicoloxía, economía, ciencias políticas). Doutra banda, o enfoque sobre as tecnoloxías, unha temática desacreditada pola tradición universitaria, rexeitaba moitas veces as CIC no campo das ferramentas tecnolóxicas e da peritaxe técnica.

O terceiro problema que as CIC tiveron que superar foi a dispersión das orientacións na investigación. Xunto con Bernard Miège, interrogámonos sobre cales son as referencias conceptuais comúns para pensar nos fenómenos de comunicación entre, por exemplo, os sociólogos dos medios, os enxeñeiros en telecomunicacións, os lingüistas ou os cognoscitivistas.

Con todo, desde o recoñecemento da interdisciplina polo CNRS en 1975, as CIC gañaron certa credibilidade no campo científico e na sociedade. Actualmente constitúen un sector moi dinámico cunha produción científica moi rica e docencias académicas de calidade.O desafío maior para a interdisciplina consiste en confortar unha postura crítica para ensinar e analizar as mutacións do sector da comunicación.
Separador
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador