Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Ponencias
Separador
Investigación da comunicación e docencia nas Facultades de Comunicación
Separador
Petxo Idoyaga Arrospide
Separador
Esta intervención trata de expoñer unha mirada sobre a docencia nas novas titulacións de comunicación. Trátase dunha mirada que se fai desde a experiencia que dá ter a responsabilidade de tal docencia, é dicir, desde a experiencia dos departamentos universitarios de comunicación e, neste caso, especificamente, desde o Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade do País Vasco.

O problema principal ao que se enfronta o proxecto docente das novas titulacións é que estamos en plena transición entre dous tempos. Un no que tiñamos definidos os perfís de graduado en Xornalismo, Publicidade/Relaciones Públicas e Comunicación Audiovisual. Outro no que debe definirse a formación universitaria de profesionais da comunicación na perspectiva da Sociedade da Información e dun entorno multimedia que disolve os límites que marcaba aos diferentes medios, linguaxes e profesións. A busca do equilibrio entre estes dous tempos haberá que reflectila nuns proxectos docentes que aproveiten o saber facer acumulado polos departamentos universitarios de comunicación en torno aos perfís de graduado actualmente definidos e a apertura ás novas necesidades e posibilidades comunicativas da Sociedade da Información.

Xunto con iso, os proxectos docentes deberán integrar, con moita máis claridade que os actualmente vixentes, dous cambios que son básicos. Por unha banda, a definición precisa de diversas competencias transversais que deben integrarse no plan formativo e que resultan imprescindibles, como son o traballo en grupo, a capacidade de innovación e outras. Por outra banda, unha substancial modificación dos modelos pedagóxicos de ensino, de maneira que se prime a aprendizaxe activa do alumnado.
Separador
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador