| |
|
|
Ponencias |
|
Conferencia inaugural |
|
Pilar Diezhandino Nieto [Texto PDF]
Profesora da Universidade Carlos III de Madrid
A AEIC e este Congreso responden a unha necesidade. Vivimos un momento de cambios sen precedentes, un momento en que, como dicía Habermas, "as palabras envellécenselle a un na boca". E vivimos nun sistema en transformación, e estamos ante un novo paradigma; sistema e paradigma que ofrecen e achegan novas perspectivas coas que traballar nese ámbito abarcador das vellas ciencias sociais que é a comunicación. Este novo paradigma ten que ver coas tecnoloxías, a globalización, Internet; o paso da cultura escrita á da rede, como indica Alain Touraine, transcorre do social ao individual, ao suxeito. "A individualidade -di- tomou asento". Se modernidade é tempo de e en transformación, iso coincide coa propia sensación que todos temos dos tempos que nos tocou vivir.Tempos líquidos, como afirma Zygmunt Barman, propios dunha sociedade que pasou de ser estable e sólida a outra líquida en tanto que cambiante, incerta. E nestes tempos, a comunicación é o centro neurálxico, o núcleo central, o expoñente a partir do cal se producen os cambios e se vive o cambiado. Diríase que todo se desenvolve, pero tamén se crea, dende e para a comunicación. Por iso, acaso sexa preciso pensar agora na investigación en Comunicación non como ámbito de traballo, senón como O ámbito de traballo; non como un motivo de interese, senón como O motivo de interese; non como un sistema, senón como O sistema. Todo é comunicación. |
 |
 |
 |
Néstor García Canclini
Profesor da Universidade Autónoma Metropolitana de México. Coordinador de estudos sobre diversidade cultural da UNESCO para América Latina e Caribe |
|
 |
|
|
|