| |
|
|
Ponencias |
|
I+C: A sociedade da información |
|
Xosé López García [Texto PDF]
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
A expresión sociedade da información indica unha nova forma de organización da sociedade e da economía. Trátase dunha sociedade que aparece definida pola revolución tecnolóxica, a reorganización do sistema socioeconómico -mundialización/globalización- e a consolidación dun modelo organizativo en rede -fronte ás tradicionais organizacións xerárquicas verticais-. Estes tres alicerces que sustentan o novo modelo de sociedade provocan, nesta fase de tránsito que caracteriza o actual momento, importantes cambios sociais e culturais. E, ao mesmo tempo, advírtense importantes desequilibrios e brechas. De feito, os centros de produción de información están cada vez máis polarizados en USA e Europa, polo que a información de África e Asia ten moi pouca presenza no mundo.
Na sociedade da información o acceso á información ten carácter xeral e ilimitado. Internet converteuse no novo paradigma da comunicación total. Agora, a maioría das entidades e institucións converteuse dalgún xeito en ao producir e difundir información en distintos produtos na rede, o que abre un novo panorama comunicativo tanto para os cidadáns como para os medios tradicionais de comunicación e para os novos medios. Internet é un espazo interactivo, o que provoca cambios en todo o panorama comunicativo e xornalístico. Todos os niveis de comunicación (mediática ou non) na sociedade da información vense condicionados polas tecnoloxías e en todos os niveis a comunicación efectiva é cada día máis difícil. Por este motivo, na mesa analizaranse as características da nova forma de organización da sociedade e os desafíos que implican estes cambios para os cidadáns, para a comunicación mediada tecnoloxicamente, para os medios de comunicación e para os profesionais da información. Analizarase a ecoloxía da comunicación na era dixital e prestarase especial atención á redefinición do sistema de comunicacións, ás transformacións no conxunto dos media, e aos cambios no traballo dos profesionais e ao seu perfil para os diferentes medios. |
 |
 |
|
 |
 |
Tapio Varis
Profesor da Universidade de Tampere. Asesor en educación do Consello de Europa. Asesor en educación do Consello de Europa |
|
 |
|
|
|