Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Ponencias
Separador
Seis décadas de investigación da comunicación en España
Separador
Josep Lluís Gómez Mompart [Texto PDF]
Profesor da Universidade de Valencia

Logo de máis de medio século de estudos científicos de comunicación en España, a nosa investigación alcanzou unha relativa madurez e un certo recoñecemento nacional, sendo xa algo coñecida en Europa occidental e bastante na maioría dos países latinoamericanos. O congreso fundacional da AE-IC é unha boa ocasión para facer un balance crítico da mesma, así como para apuntar suxestións e propostas co fin de cubrir aquelas lagoas aínda existentes no noso campo, á vez que profundar máis e mellor naquelas liñas de investigación nas que xa contamos cunha boa bagaxe de traballos de calidade.

Catro investigadores de xeracións e universidades españolas diferentes abordan algúns dos aspectos máis relevantes sobre o tema. O profesor Mariano Cebrián Herreros fectuará un balance diacrónico sobre as contribucións e carencias na investigación básica e na aplicada nos seus diversos enfoques teóricos e metodolóxicos. A profesora Maria Corominas Piulats ealizará unha reflexión sobre a investigación no campo da estrutura e as políticas de comunicación, comentando os principais ámbitos de estudo tratados e os menos considerados, así como as principais vías de investigación, tales como proxectos financiados en relación coas fontes de financiamento, teses de doutoramento, etc. Ademais, esta investigadora abordará cal foi a investigación deste campo que difundiron as revistas especializadas e cales foron os proxectos de I+D. O profesor Manuel Martínez Nicolás levará a cabo unha aproximación á historia da investigación sobre comunicación en España, partindo da análise das características e a estrutura historicamente cambiantes da comunidade científica que traballa neste ámbito. E a profesora Leonarda García Jiménez presentará unha proposta valedoira para a sistematización dos estudos de carácter máis teórico, un modelo de clasificación no que quedan recollidas centos de iniciativas publicadas ao longo dos últimos vinte e cinco anos, mediante a ordenación e a catalogación de acordo co obxecto de estudo.
Separador
Separador
Enllaç Maria Corominas Piulats
Profesora da Universidade Autónoma de Barcelona. Membro do Consell de L´Audiovisual de Catalunya
Separador
Enllaç Leonarda García Jiménez
Profesora da Universidade Católica de Murcia
Separador
Enllaç Mariano Cebrián Herreros
Profesor da Universidade Complutense de Madrid
Separador
Enllaç Manuel Martínez Nicolás
Profesor da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid
Separador
Separador
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador