Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Comunicaciones
Separador
Estudios sobre el discurso
Mesa 4.9. Estudios sobre el discurso 9: Representación de la violencia en los medios
Separador
Álvarez Pousa, Luís;-Puñal, Belén; Martínez, Iago; Barberena, Tareixa; Evans, Joam; González,Jorge; Cuevas, Iván
 
A violencia de xénero nos medios de comunicación galegos.
A Declaración de Compostela e o seu cumprimento nas redaccións galegas
Separador
En 2004, O Colexio de Xornalistas de Galicia, a iniciativa do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Luís Alvarez Pousa, coordinador do seminario "Comunicación e Xénero", integrado no grupo de investigación CIDACOM da Universidade de Santiago de Compostela, organiza as I Xornadas "Violencia contra as mulleres e medios de comunicaci ó n". Nelas, apróbase a Declaración de Compostela, un documento que reune un conxunto de once recomendacións dirixidas ás e aos profesionais dos medios de comunicación co obxectivo de mellorar o tratamento da violencia contra as mulleres na información. Tres anos despois, en 2007, o eminario "Comunicación e Xénero" decide iniciar unha investigación co fin de analizar o grao de implementación da Declaración de Compostela nos medios de comunicación galegos.

No Estado español viñéranse realizando nos anos anteriores manuais similares, co fin de mellorar o tratamento informativo da violencia contra as mulleres, mais faltaba unha proposta, elaborada dende Galicia e para os medios de comunicación galegos. Para a aprobación da Declaración de Compostela, foron convocados tanto representantes dos diferentes medios de comunicación galegos como profesionais acostumados a tratar de preto a problemática da violencia contra as mulleres dende distintos ámbitos de traballo, tal é o caso do sanitario, policial, legal, asistencial... A Declaración de Compostela part ía da concepción de que os medios, como importantes axentes de socialización, xogan un papel fundamental na construcción do xénero. E da consideración de que, aínda que tiveran axudado a visibilizar , sobre todo dende os anos 90, a problemática da violencia contra as mulleres, sacándoa do ámbito do privado, estaban a realizar un tratamento da violencia contra as mulleres en exceso centrado no suceso.

O obxectivo do estudo era dobre. Por unha banda, analizar as informacións publicadas e difundidas nos medios de comunicación galegos sobre violencia contra as mulleres, co fin de valorar en que grao se estaban a cumprir as recomendacións recollidas na Declaración de Compostela nos contidos elaborados polos mesmos. Por outra, estudar o grao de coůecemento da Declaración por parte daqueles e daquelas xornalistas que traballan habitualmente información relativa á violencia contra as mulleres.

Nesta ponencia, analizaremos os resultados obtidos en dito estudo. Para a elaboración do mesmo, realizamos unha análise de contido das informacións difundidas polos medios de comunicación galegos ao longo dun mes, tanto dos impresos -os trece xornais con se en Galicia- como dos audiovisuais -a radio e a televisión p ública galegas, e a principal radio galega privada de cobertura autonómica, Radio Voz. Dos medios de comunicación audiovisuais estudamos, en concreto, os informativos emitidos ao mediodía.

Os resultados permitiron facer diagnóstico do grao en que a Declaración de Compostela chegara a implementarse nos medios de comunicación galegos, así como das cuestións pendentes na súa difusión e posta en práctica. Un material que pretende ser de utilidade de cara a debuxar accións futuras dirixidas a mellorar o tratamento da violencia contra as mulleres dende os medios de comunicación galegos.
Separador
Enllaç Descargar comunicación completa
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar la Comunicación | Actas y memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador