| |
|
|
Ponencias |
|
Seis décadas de investigación da comunicación en España |
|
 |
Mariano Cebrián Herreros |
|
| Transcorrido máis de medio século de investigación da comunicación en España é importante facer un balance global diacrónico sobre as contribucións e carencias na investigación básica e na aplicada nos seus diversos enfoques teóricos e metodolóxicos. Examinaranse as correntes investigadoras sobre as relacións entre as transformacións tecnolóxicas, os modelos comunicativos que configuraron, os controis empresariais e institucionais, as experimentacións nas prácticas produtivas profesionais, as innovacións nas linguaxes e nos discursos, os usos e apropiacións das audiencias dentro do contexto político, económico, social e cultural de cada etapa, así como as achegas dos promotores institucionais (MEC, Universidades), empresariais, grupos e investigadores individuais. Presentarase unha formulación prospectiva das esixencias na investigación e na metodoloxía para afrontar a complexidade do novo paradigma das comunicacións interactivas, das redes sociais propiciadas pola web 2.0 e a complexidade das plataformas de comunicacións. |
 |
|
 |
|
|
|