Separador
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
 
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
Separador
 
Ponencias
Separador
Seis décadas de investigación da comunicación en España
Separador
Leonarda García Jiménez
Separador
Os estudos de comunicación en España viven unha nova etapa desde os anos 90 debido ao espectacular aumento durante esta década de facultades, de grupos de investigación, de revistas especializadas, de programas de doutoramento… Polo que a consolidación institucional da investigación é unha realidade fácil e cuantitativamente comprobable. Agora ben, ¿é equiparable ese desenvolvemento institucional á proliferación teórica? ¿Cales son os resultados científicos obtidos por esa masa crítica que empeza a ser unha das máis numerosas en Europa? Aquí enfrontámonos a unha das principais carencias que arrastran as ciencias da comunicación, como é a falta de acumulación de coñecementos, pois historicamente foron moi escasas as iniciativas que trataron de ordenar e dar conta do campo.

Esta tarefa é, precisamente, a que vai ser abordada na presente comunicación. Deste xeito, preséntase unha proposta valedoira para a sistematización dos estudos de carácter máis teórico, modelo de clasificación no que quedan recollidas centos de iniciativas publicadas ao longo dos últimos 25 anos. Ademais, ditas obras e artigos foron ordenados e catalogados en función do obxecto de estudo. Con iso, poñerase en evidencia non soamente as áreas máis exploradas desde a teoría española, senón tamén aquelas que están pouco ou nada desenvolvidas, sendo estas últimas unha axenda temática que se presenta como o gran reto da comunidade científica para os próximos anos.
Separador
Separador
 
Separador
AE-IC Santiago 2008
Separador
Congreso internacional fundacional AE-IC I+C Investigar a Comunicación | Actas e memoria final
ISBN: 978-84-612-3816-3
Separador