| |
|
|
Ponencias |
|
Cooperación España-América Latina |
|
 |
Alfons Martinell Sempere |
|
A cooperación cultural entre América Latina e España ten un longo percorrido resultado duns procesos que viron situacións distintas no transcurso da historia e as relacións políticas, sociais e culturais. Moitas destas relacións viviron grandes cambios nos últimos anos por mor do impacto da gran mobilidade de persoas, coñecemento e saberes que propiciaron os cambios da sociedade da información, a globalización e os fenómenos migratorios.
Neste novo contexto coidamos que cómpre reflexionar sobre a realidade actual e identificar as súas fortalezas e debilidades. Neste sentido estamos avanzando nunha nova visión sobre a cooperación ao desenvolvemento e sobre o papel da cultura nestes procesos de participación na erradicación da pobreza e na mellora das relacións igualitarias entre culturas. Consideramos moi importante reflexionar, investigar e potenciar proxectos innovadores que permitan situar a comunicación como un eixe importante destas novas políticas activas que se están a implantar dende diferentes organismos multilaterais e dende a cooperación bilateral. Presentar estas perspectivas de futuro e a vinculación co sector da comunicación será o eixe fundamental da nosa intervención no Congreso. |
 |
|
 |
|
|
|