| |
|
|
Ponencias |
|
Seis décadas de investigación da comunicación en España |
|
 |
Manuel Martínez Nicolás |
|
| Neste traballo proponse unha aproximación á historia da investigación sobre comunicación en España partindo da análise das características e a estrutura historicamente cambiantes da comunidade científica que traballa neste ámbito. Para isto, establécese un marco temporal que arranca no momento da constitución da comunicación como campo de investigación (e docencia) autónomo, a principios da década dos sesenta, e chega ata a actualidade. Consideramos que no transcurso deste período poden distinguirse non menos de tres xeracións de investigadores, que protagonizaron a emerxencia, consolidación e desenvolvemento (ou maduración) daquela comunidade científica. Cada unha destas tres xeracións desempeñou o seu traballo científico en contextos sociais, institucionais (isto é, académicos) e propiamente epistemolóxicos ou científicos diferentes, e esas particulares condicións contribúen a explicar as opcións ou orientacións diversas que historicamente foi tomando a investigación sobre comunicación en España (obxectos de estudo, enfoques teórico-metodolóxicos, achegas e carencias). |
 |
|
 |
|
|
|